Os concellos pontevedreses tamén se concentran en memoria de Miguel Ángel Blanco
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/6e2/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/596629c748-img-20170712-wa0005.jpg)
© Concello de Sanxenxo
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/311/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/59662abb42-minuto-de-silencio-miguel-angel-blanco-5-.jpg)
© Concello de Marín
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/8f7/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/59662e4fe8-20170712-patxot-concentracion-miguel-angel-blanco-terrorismo-007.jpg)
© Mónica Patxot
Pontevedra, Marín e Sanxenxo foron este mércores algúns dos concellos pontevedreses que quixeron lembrar o concelleiro do PP no Concello de Ermua Miguel Ángel Blanco no 20 aniversario do seu asasinato a mans do terrorismo de ETA.
Os seus alcaldes e outros políticos da corporación concentráronse ao mediodía ás portas dos edificios consistoriais seguindo a convocatoria da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), que preside o alcalde de Vigo, Abel Caballero.
A FEMP remitiu unha carta a todas as entidades locais convidándoas a convocar concentracións en recordo a Miguel Ángel Blanco, asasinado por ETA un 12 de xullo de hai 20 anos, "despois de dous días de secuestro e macabra conta atrás polo ultimato etarra, o que fixo que o asasinato nos doese no máis profundo das nosas almas e conciencias", e xunto a el, todas as vítimas do terrorismo.
O acto de recordo estaba tamén concibido como unha homenaxe á sociedade española pola mobilización sen precedentes que protagonizou naqueles días de xullo de 1997, "unha reacción cívica que ao cabo foi determinante para, primeiro, o illamento total e, despois, a derrota absoluta desde a liberdade, o final de ETA".
En Pontevedra, varios concelleiros do PP sumáronse portando carteis con imaxes do propio Miguel Ángel Blanco e mans brancas, en recordo do que en 1997 se converteu en simbolo da loita social contra ETA, e para condenar "uns dos crimes máis crueis do desgraciadamente amplísimo e espantoso despropósito criminal da hoxe derrotada democraticamente banda terrorista ETA", segundo consta na carta remitida por Caballero para convocar a concentración, que en todos os casos estivo acompañada por cinco minutos de silencio.