A desaparición de Fernando Caldas queda impune na Audiencia Nacional por falta de probas
Por Redacción
A "insuficiencia de pruebas" incriminatorias deixou impune a desaparición do vilagarciano Fernando Caldas. A súa misteriosa ausencia hai catro anos chegou en setembro á Audiencia Nacional con oito acusados do seu secuestro e morte. Xa ao termo da vista oral o fiscal retirou a acusación contra cinco deles e o tribunal acaba de absolver os outros tres.
O tribunal da Audiencia Nacional considera probado que Fernando Caldas desapareceu o 16 de xullo de 2004 e que foi secuestrado, pero non cre que non hai "elementos incriminatorios suficientes para afirmar que los tres acusados hubieran inducido y ejecutado el secuestro de Caldas".
Con estes tres procesados refírese a Jorge Durán Piñeiro e os irmáns Miguel Ángel e Marco Antonio Fernández Rodríguez, contra os que o fiscal mantivera a acusación. Consideraba a José Jorge Durán indutor da desaparición e aos outros dous autores materiais do secuestro, homicidio e enterro en cal vivo de Fernando Caldas.
Tres acusados foron absolvidos agora e contra cinco xa se retirara a acusación
O fiscal retirara a acusación contra Rosa Charlín, filla do coñecido narcotraficante José Luis Charlín Gama e xefe do desaparecido na tenda de telefonía na que traballaba en Vilagarcía de Arousa; Juan Marcos Vigo, suposto mellor amigo de Fernando Gama; e Juan Berbell, Roberto González e Manuel José Pazo.
Tras analizar todas as probas que saíron á luz na vista oral, o tribunal da Audiencia Provincial tan só declarado que Fernando Caldas foi secuestrado sobre as 12.40 horas na localidade coruñesa de Bertamiráns e introducido no maleteiro dun coche. Todo iso sobre a base das poucas probas concluíntes que encontrou no caso, o envío de dous sms a Marcos Vigo pedíndoo axuda ante tal situación.
Os feitos acontecidos despois quedan sen probar e, de novo, no aire, tras oito anos de investigación policial e xudicial. Si quedou probado pola sentenza un extremo que sempre negaran os pais de Fernando Caldas, a súa vinculación co narcotráfico. En concreto, atribúelle o papel de intermediador "de manera clandestina en el mercado de drogas".