Alumnos do postgrao de Socioloxía da Infancia da Universidade de Minho estudan o modelo Pontevedra
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Quince alumnos da Universidade do Minho (Portugal) achegáronse a Pontevedra para coñecer un modelo urbano que promove a ocupación dos espazos públicos e a autonomía dos menores.
Os estudantes fixeron un percorrido pola cidade guiados polo concelleiro de Xuventude, Alberto Oubiña e mantiveron unha reunión de traballo coa concelleira de Educación, Carme Fouces.
Trátase dunha visita incluida no programa académico do postgrao de Socioloxía da Infancia.