Aparece flotando o cadáver dunha muller nunha praia da Illa de Arousa
Por Oskar Viéitez
O corpo dunha muller foi atopado este domingo flotando na praia de Sucabirto, en Illa de Arousa, segundo informou Emerxencias.
O 112 Galicia tivo constancia do ocorrido a través dun particular ás 10:15 horas que viu o cadáver preto da beira, boca abaixo e enganchado a boia dunha embarcación.
O corpo foi trasladado pola embarcación 'Sargadelos' ao porto de Xufre, onde foi identificado polos familiares.
A central do 112 Galicia pasou o aviso á Garda Civil e ao servizo de Gardacostas. Tamén se informou a Urxencias Médicas e a Salvamento Marítimo.