Éxito da Feira de Libros Usados
Por Redacción
A Feira de Libros Usados que se celebrou este sábado fronte ao palco da música na Alameda de Marín foi un "éxito de participación" segundo valoraron os organizadores. "Moitos libros, moita afluencia de público e un gran intercambio", resumiron.
A iniciativa pretendeu dar a oportunidade aos membros da comunidade educativa de intercambiar aqueles libros que, por distintos motivos, xa non son utilizados polos seus donos, xa fosen libros de texto, manuais, cómics, obras literarias, etc.
A única condición que había era que estivesen en bo estado de conservación.
Neste evento colaboraron a totalidade dos colexios do municipio e o Ateneo Santa Cecilia, así como as asociacións de pais.