Vilagarcía aposta pola integración a nivel educativo e institucional
Por Aitana Vidal
O Concello de Vilagarcía aposta pola integración das persoas con discapacidade tanto a nivel institucional como educativo. Durante estes días un exemplo da segunda dimensión é o intercambio que están a realizar alumnos do colexio Andorra de Teruel con centros de educación especial da localidade arousana
A nivel institucional, o alcalde e a concelleira de Educación de Vilagarcía, Tomás Fole e Orballo Llovo, deron unha mostra este mércores cunha recepción oficial aos alumnos que participan no intercambio, tanto aos chegados dende Teruel coma aos arousanos. Os políticos recibíronlles en compañía dos seus profesores e regaláronlles gorras promocionais do Concello.
Ademais da recepción celebrada na Casa Consistorial de Ravella, a xornada incluíu este mércores para os estudantes unha viaxe en barco pola Ría de Arousa.