Poio homenaxea a 20 matrimonios de 50 anos
Por Redacción
O próximo domingo 28 de maio Poio volverá acoller un acto que ano tras ano, e desde hai 24, chega cargado de emotividade. Celebrará as vodas de ouro de 20 parellas do municipio que levan 50 anos casadas.
Durante o ano 1967 casaron en Poio 126 parellas, das que 49 seguiron facendo vida no municipio e os dous membros están vivos, pero tan só 20 confirmaron que participarán na festa de homenaxe organizada polo Concello. A cita será ás 18.00 horas no centro social Casa Rosada.
Segundo informou o Concello, os homenaxeados acudirán ao acto acompañados dos seus familiares e amigos e serán recibidos por diferentes membros da Corporación, entre eles o alcalde, Luciano Sobral, e a concelleira da área de Benestar, Rosa Fernández González, que entregarán a cada unha das parellas unha placa, un diploma e un detalle floral.
O acto incluirá unha semblanza de cada parella. Para poder facela, durante os días previos acoden ao centro social para que os entrevisten e poder recoller as súas historias persoais. Ademais, o Concello ten previso que unha fotógrafa profesional recolla os mellores momentos para entregarlles un recordo fotográfico.