A química ten o seu proceso e o seu efecto; e segundo os estudiosos da materia, estar namorado ten unha duración duns dous anos. Tras ese tempo, baixan os niveis de liberación de hormonas xeradas e pásase a liberar outras que nos provocan uns efectos diferentes. Consecuencia, acábase o "flechazo" ou namoramento e pode haber lugar para un "amor de parella".
María González engade ademais unha serie de mitos que se vinculan á relación de parella e que poden dar ao traste con ela se non se ten un punto de partida claro e unhas "regras de xogo" igualmente claras. Exclusividade, convivencia, omnipotencia, fidelidade, celos, ...son cuestións transcendentais para crear a vida que uno queira no benestar.
Para completar este Dale la vuelta, varias recomendacións bibliográficas e videográficas. Como sempre, dúbidas, suxestións ou experiencias, son atendidas no mail mariadalelavuelta@gmail.com