A carreira dos autos tolos volve a Campodeira
Por Redacción
Despois do éxito da primeira edición o Concello de Barro acollerá o vindeiro domingo, día 21 de maio, a II Baixada de Carrilanas de Campodeira.
Trátase dunha proba puntuable para o campionato galego da Federación de Deportes de Inercia e disputarase nun circuíto de 1,9 quilómetros. Agárdase unha participación de arredor de medio cento de carrilanas.
Entre as 11:00 e as 12:30 horas realizaranse as verificacións dos vehículos na contorna do Pazo da Crega, en San Antoniño.
Despois, desde as 15:30 horas comezará a competición, na que está previsto realizar unha baixa de adestramento, dúas quendas cronometradas e unha exhibición dende Campodeira ao lugar do Outeiro, na parroquia de Perdecanai.
O prazo de inscripción esta aberto na páxina da Federación de Deportes de Inercia.