Xuntanza para coordinar as actuacións da Garda Civil coa seguridade privada
Por Redacción
Representantes da Garda Civil mantiñan un encontro este martes na Comandancia de Pontevedra con dirixentes dunha quincena de empresas de seguridade privada, que operan habitualmente na provincia.
Esta xornada forma parte do plan xeral de colaboración da Garda Civil co sector da seguridade privada.
Durante a reunión establecéronse as pautas e as directrices para optimizar a coordinación nas comunicacións dos centros de resposta de alarmas das empresas que se encargan da seguridade privada e o centro operativo complexo da Comandancia da Garda Civil.