Unha sentenza obriga aos hospitais de Pontevedra a repetir o acto de chamamentos de mobilidade interna
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O sindicato de enfermería SATSE logrou que nos hospitais de Pontevedra volva celebrar o acto de chamamentos de mobilidade interna correspondente ao ano 2012. Entón este sindicato impugnou o acto, pois considerou, e así o ratificou un xuíz, que a Xerencia da área de Pontevedra incorría nunha ilegalidade ao vulnerar o dereito dos profesionais, ao non celebrar un acto único.
Algo que provocou que profesionais con menor puntuación, puidese optar en primeiro lugar ás prazas ofertadas, e os que tiñan maior puntuación quedasen con outras menos interesantes.
A pesar de que a sentenza se publicou hai un ano, o 13 de abril de 2016, "desde a adminstración de Pontevedra dilatou, en exceso, a repetición do acto que tras a insistencia e seguimento de Satse levará a cabo o mércores 3 de maio", informaron desde este sindicato.
Agora, en cumprimento da sentenza os chamamentos serán "por rigorosa orde de puntuación, sen diferenciar áreas especiais", sinala a delegada de Satse en Pontevedra, Maite Joaquín.
Conscientes de que a aplicación da sentenza poderá ocasionar o malestar nalgúns dos profesionais afectados os denunciantes insistiron á xerencia "a que non volva incorrer en ilegalidade, pois os seus actos provocan consecuencias negativas nos profesionais".