O parque infantil do Gafos estrea pequenos arranxos
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O departamento de Parques e Xardíns do Concello de Pontevedra fixo traballos de arranxo e mellora da zona de confort e da contorna do parque infantil da Ribeira do Peirao, na foz do Gafos.
Os traballos incluíron a renovación do pavimento do parque infantil, a posta a punto dos xogos, a plantación e reposición de árbores e arbustos, o arranxo de algúns tramos de beirarrúas e a colocación de mobiliario urbano.
Respecto á area de xogos do parque infantil, o proxecto contemplou a recuperación do pavimento de xabre o que fará máis fácil o seu mantemento e tamén a restauración dos xogos (madeiras rotas, tratamento de conservación, substitución dalgunhas pezas en mal estado...).
Por outra banda mellorouse o confort e a estética da zona coa plantación de albicias, que propician espazos de sol-sombra; a plantación dun castiñeiro de indias no vértice interior deste espazo urbano e de arbustos con flores no perímetro interior.
A actuación completarase co pintado e tratamento de conservación do valado pegado ao río e a instalación de dúas cadeiras enfrontadas no pequeno miradoiro do río.
A Concellería de Parques e Xardíns inviste neste proxecto de mellora do parque infantil da foz do Gafos e contorna 9.500 euros, IVE incluído.