Crece nun 13,6% os tráficos no porto de Marín durante o primeiro trimestre de 2017
Por Redacción
O balance provisional de tráficos correspondente ao primeiro trimestre do ano arroxa un crecemento do 13,66% no movemento de mercadorías no porto de Marín con respecto ao mesmo período do ano anterior.
Por grupos de mercadorías, a maior subida dáse na mercadoría xeral (tanto convencional como en colector), cun aumento de máis do 60%.
Pola contra, o capítulo de graneis sólidos rexistra un descenso (con excepción do sal), ligado á estacionalidade propia destes tráficos.
Entre xaneiro e marzo aumentou ademais o número de buques mercantes atracados nos peiraos de Marín, que foi un 4,42% superior aos rexistros de 2016. Tamén o GT ou capacidade total dos barcos é superior á do ano pasado nas mesmas datas.
Relacionadas:
-
O porto e o campus de Pontevedra exploran vías de colaboración
Por Redacción |
-
Empresas italianas amosan o seu interese no porto de Marín
Por Redacción |
-
Luns "de estrés" no Porto de Marín con 50.000 toneladas de descarga
Por Redacción |
-
6.000 toneladas de xeradores eólicos viaxan en 4 buques desde Marín ata Estados Unidos
Por Redacción |
-
Operativo histórico no Porto de Marín: doce buques en tres días
Por Redacción |