Un ciclista, atropelado en Vilagarcía de Arousa
Por Redacción
Un ciclista resultaba ferido na tarde deste xoves en Vilagarcía de Arousa ao ser atropelado por un turismo.
O sinistro rexistrábase, segundo os servizos de Emerxencia do 112, na rúa Valle-Inclán, á altura da rotonda de acceso ao porto da vila.
O 112 Galicia tivo constancia do suceso ás 17.40 horas de hoxe, a través dun aviso da Policía Portuaria.
Desde o Centro de Atención ás Emerxencias do 112 alertábase a Urxencias Médicas e aos Bombeiros de Vilagarcía. A situación tamén foi posta en coñecemento do servizo municipal de emerxencias de Vilagarcía e da Policía Local do municipio.