Un pontevedrés empréndea a patadas e puñadas contra axentes da Policía Nacional
Por Redacción
Un veciño de Pontevedra de 41 anos de idade, con antecedentes policiais, foi detido como presunto autor dun delito de atentado a axente da autoridade e danos no vehículo policial.
Segundo informaron fontes oficiais da Comisaría da Policía Nacional, os feitos sucederon na tarde do día 25 de febreiro sobre as 16:25 horas, cando se recibiu unha chamada no 091 na que se alertaba da presenza dun individuo moi alterado nun establecemento hostaleiro que estaba a ameazar aos clientes e empregados.
O home "atopábase fóra de si", cunha actitude moi agresiva e tirábase ao chan para impedir o acceso ao local.
Cando os axentes dispoñíanse a identificalo comezou a proferir insultos e ameazas contra eles, mesmo tratou de darlle un cabezazo a un dos policías.
Unha vez detido por atentado a axente da autoridade e durante o seu traslado a dependencias policiais foi dando patadas e puñadas, causando múltiples danos no vehículo policial ademais de continuar proferindo ameazas. Ao baixar do vehículo policial propinoulle unha patada no ventre a un dos axentes.
Unha vez tramitado o correspondente atestado policial, o detido foi posto a disposición da autoridade xudicial.