Retiran o pararraios do colexio de Barcelos
Por Redacción
Por motivos de seguridade este martes foi retirado o pararraios do CEIP Praza de Barcelos.
Facía xa tempo que este elemento estaba desprendido polo que resultaba ineficaz para o labor á que estaba destinado. Ademais os últimos temporais agravaron a súa situación ata convertelo nunha auténtica ameaza ante un probable desprendemento.
De modo que Policía Local, Bombeiros e técnicos municipais do servizo de Obras, procederon á súa retirada, para o que foi necesario cortar a rúa Rouco mentres o persoal contraincendios facilitaba o acceso ao tellado coa escaleira telescópica.
Fontes municipais confirmaron que non está previsto substituír o pararraios por outro, polo que o colexio quedará sen este equipamento.