Marín deposita 45 toneladas de roupa usada para axuda socia
Por Redacción
A organización Humana Fundación o Pobo para o Pobo recolleu 45.078 quilos de téxtil usado en Marín en 2016. A cifra representa un aumento do 19,84 % respecto de 2015 (37.616 quilos).
Esta fundación ten instalados dez colectores na vila. Os cidadáns depositan neles a roupa, o calzado, os complementos e o téxtil de fogar que xa non utilizan e aos que se lles dá unha segunda vida. É un servizo gratuíto e representa un aforro importante nos gastos de recollida e eliminación de residuos sólidos urbanos.
Esta organización promove a protección do medio ambiente a través da reutilización de téxtil e leva a cabo programas de cooperación en África, América Latina e Asia así como de apoio local en España.
En Galicia, Humana recolleu o ano pasado 2.138 toneladas grazas a unha rede de 380 colectores.