Este ano San Valentín vén máis xeneroso
Por Oskar Viéitez
Os comercios da provincia de Pontevedra facturarán preto de 13 millóns de euros para o Día de San Valentín. Deles 1,06 millóns corresponden a Pontevedra e 0,36 millóns a Vilagarcía.
Según a Federación Provincial de Comercio, o gasto medio por persoa estimado en agasallos por persoa na provincia de Pontevedra, prevese que estea aproximadamente en 35,18 euros.
En canto aos artigos que regalan os homes, en primeiro lugar atópanse as flores, seguidas de artigos de xoiería, roupa, perfumería, pezas íntimas e artigos electrónicos, móbiles.
Entre os artigos que regalan as mulleres, o primeiro posto ocúpao a roupa, os artigos electrónicos, móbiles, seguido de artigos de xoiería e perfumería.
Este ano 2017, a federación provincial anuncia que se incrementará a cifra ata os 12.926.681,94 euros, que se estima haxa de gasto neste día dos namorados 2017, nos casos mencionados, así como tamén un 65% das parellas gozarán dunha cea, en restaurantes e salas de festas, pero que a maioría a realizarán o sábado, xa que cae en martes o día de San Valentín.
O gasto por persoa en agasallos para San Valentín sitúase en 35,41 euros.
As persoas entre 15 e 29 anos terán un gasto medio é de 25,01 euros, efectuando agasallos o 51% dos enquisados. Ese gasto tamén é superior entre as persoas entre 30 e 49 anos, concretamente, o gasto medio é de 35,70 euros, efectuando agasallos o 57% dos enquisados. Finalmente, no tramo de idade desde os 50 anos en diante o gasto medio é de 44,16 euros, efectuando agasallos o 37% dos enquisados.