O campus estrea composteiro comunitario e poñerá en marcha unha horta ecolóxica
Por Oskar Viéitez
Este mércores puxéronse en marcha os composteiros do campus universitario conseguíndose deste xeito dous obxectivos: por unha banda o Concello de Pontevedra logra estender a máis zonas da cidade a compostaxe comunitaria e por outro, permite á Universidade de Vigo pechar o ciclo dos biorresiduos no que traballa o proxecto do Green Campus.
José Manuel Corbacho, vicerreitor do campus de Pontevedra, adiantou que agora xa están a pensar en máis iniciativas como "poñer en marcha unha horta ecolóxica"
A partir de agora os restos orgánicos dos comedores e cafeterías das facultades da Xunqueira serán levados ao novo composteiro para máis tarde ser aproveitados nas propias zonas verdes da contorna. O compostador está instalado fronte á Escola Universitaria de Forestais.
Trátase dun "paso máis" dentro deste proxecto municipal. A concelleira Carme da Silva, lembrou que está en contratación a compra dos composteiros dos barrios de Monte Porreiro e Campolongo e asegurou que "a ver se podemos estendelo a algún lugar máis". A previsión que manexa o goberno local é poder empezar a dar este servizo tan pronto como se adxudiquen.
"Xa nos demandan doutros barrios que tamén se inicie este programa", explicou Carme Da Silva que recoñece que "a demanda que temos requiriría un ritmo máis alto do que a administración pode levar".
A tenente de alcalde non oculta a súa satisfacción polos resultados do proxecto de compostaxe, porque "está a funcionar moi ben, con resultados espectaculares".
O obxectivo é que se complete esta fase de implantación dos composteiros comunitarios entre este ano e o 2018. Nos próximos anos o Concello tamén espera contar cos seus propios mestres composteiros.
Hoxe, un deles, Quique Pintos, pertencente ao Plan Revitaliza da Deputación, resolvía esta mañá as dúbidas do persoal de cociña da Facultade de Ciencias Sociais que estreaban este servizo. Querían saber se se podían botar ósos ao composteiro, a resposta é positiva, mesmo é axeitado este tipo de restos así como de peixe, "porque axudan a subir a temperatura".
Relacionadas:
-
Universidade de Vigo e Concello unen forzas polo medio ambiente
Por Redacción |
-
O campus implantará 54 medidas para ser máis verde
Por Oskar Viéitez |
-
Acordo para impulsar que o estudantado universitario teña experiencias internacionais
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Reordenan o aparcamento no campus con vistas a peonalizar a parte central
Por Alejandro Espiño |
-
Os técnicos acreditan que o compost producido no campus ten unha calidade "elevadísima"
Por Alejandro Espiño |
-
Bidóns, cubos, botellas... e xa temos batukada
Por Redacción |
-
Preséntanse 14 candidatos para cada unha das prazas de mestre composteiro
Por Redacción |
-
Os Xeves e Verducido, primeiras parroquias en contar con composteiros individuais
Por Alejandro Espiño |
-
O Green Campus consegue recadar 136 aparellos electrónicos para a súa reutilización
Por Antía Fernández Buján |
-
Xa te podes inscribir para ser mestre composteiro
Por Oskar Viéitez |
-
Verduras, hortalizas, herbas aromáticas... a horta de Príncipe Felipe revitalízase coa compostaxe
Por Alejandro Espiño |
-
RADIO.- Reciclamos e compostamos por beneficio ou por conciencia?
Por Marisa Ciordia |
-
Os composteiros de Monte Porreiro e Campolongo atenderán a máis de 8.000 veciños
Por Redacción |