"Pousos de area" organiza un Serán para este sábado
Por Redacción
O próximo sábado 28 a agrupación de música tradicional "Pousos da Area" organiza un Serán no Multiusos da Praza de Abastos de Marín.
A apertura dos postos artesanais será ás 18.00 horas da tarde e ás 19.00 horas comenzaran os xogos tradicionais tanto para os nenos como para os maiores.
Ás 21:00 horas, celebrarase a Chamada ao Serán na Alameda de Marín, para a continuación ás 21:30 dar comenzo ó mesmo.
Haberá degustación de orellas e chocolate con rosca e para os que máis aguanten haberá queimada co tradicional conxuro.
TRAXES TRADICIONAIS DOS REIS
Ademais, desde o 21 ao 28 de xaneiro o Museo Manuel Torres de Marín, acolle unha exposición de traxes tradicionais dos Reis.
A concelleira de cultura, María José do Pazo, presentou está actividade cos responsables desta agrupación tradicional que traballa para revitalizar aspectos moi importantes das tradicións e do folclore máis popular.