Tres persoas resultan feridas en dous accidentes de tráfico en Cambados
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/600/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/5882602365-img_9145.jpg)
© Servizo de Emerxencias
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/94b/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/588260dad9-img_9146.jpg)
© Servizo de Emerxencias
Tres persoas resultaban feridas de diversa consideración en dous accidentes que se rexistraban a primeiras horas desta tarde na parroquia de Oubiña no termo municipal de Cambados.
Ás 13.30 horas, rexistrábase o primeiro deles no campo da vila, na parcelaria de Oubiña. Neste accidente resultaba ferido o condutor dun Golf, de 29 anos, veciño de Cambados, que sufría dor lumbrar e cervical. O outro vehículo implicado no accidente saíuse da vía terminando baixo o poste dunha viña da zona sufrindo un impacto no parabrisas coa rotura da lúa.
O outro accidente producíase no quilómetro 8,5 da PO-300, ao pasar o poligono industrial de Sete Pías en dirección a Ponte Arnelas, segundo fontes do Servizo de Emerxencias.
No impacto entre dous turismos, os dous condutores resultaban feridos. O home de 28 anos, residente na Illa de Arousa, que pilotaba un Mercedes sufría dor lumbrar e cervical, mentres que o condutor do Megane, de 56 anos, veciño do Grove, queixábase de dor cervical e golpe na cabeza.