Os marinenses xa poden solicitar a bonificación dos recibos de lixo, auga e alcantarillado
Por Redacción
As familias con rentas baixas, ou xubilados con pensión mínima, poden volver a solicitar a bonificación habilitada polo Concello de Marín conforme ás ordenanzas fiscais que regulan estos tributos municipais.
As bonificacións aplícanse a través do departamento de Servicios Sociais, situado na Finca de Briz, e resultan beneficiarias as familias cuxos ingresos sexan iguais ou inferiores ás cuantías das pensións mínimas fixadas pola Seguridade Social en cada exercicio económico.
A medida supón bonificar o 100% do recibo do lixo e alcantarillado (excepto IVE e canon), e ata 30 metros cúbicos de consumo de auga.
Calqueira persoa que cumpra estes requisitos pode solicitalo, acompañado dun informe favorable de Servizos Sociais. Pódese solicitar en calquera momento do ano, e farase efectiva durante o resto do ano.
O total de veciños beneficiados no ano 2016 por esta bonificación foi de 184 persoas.
Esto contribúe a que o concello consiga axudar a que os servicios mínimos de recepción obrigada como a auga, saneamento e lixo non xeneren débedas ante unha situación económica que sexa desfavorable, ben por motivos permanentes, ou circunstanciais. Ese é o motivo polo que son revisables ano a ano.
Dentro das ordenanzas, e para facilitar o pago concédense fraccionamentos que posibilitan que o pago dos recibos non sexa tan gravosa para algunhas economías domésticas.