Choiva para estrear o ano nas Rías Baixas
Por Redacción
Despois de varias semanas co sol como protagonista, o 2017 estrearase na Rías Baixas coa volta das choivas.
Será en todo caso un breve período de precipitacións, segundo a predición de Meteogalicia.
O servizo meteorolóxico sinala ao frío como gran protagonista da Noitevella, con mínimas que roldarán os 2 graos en Pontevedra, pero as precipitacións non chegarán ata a noite do domingo 1 de xaneiro, cando serán xeneralizadas.
A alta probabilidade de choiva prolongarase ata mediodía do luns 2 de xaneiro, momento no que empezará a impoñerse os claros, cunha temperatura máxima que apenas chegará aos 10 graos.
A partir do martes 3 de xaneiro Galicia quedará marcada por unha situación intermedia entre altas e baixas presións, que deixarán nas Rías Baixas ceos pouco nubrados, coas temperaturas mínimas en lixeiro ascenso ata os 6 graos e máximas que roldarán os 12-13 graos.