Redución da débeda e baixada dos impostos, eixos dos orzamentos 2017 de Ponte Caldelas
Por Redacción
O Concello de Ponte Caldelas xa ten orzamentos para o ano 2017. Aprobounos o Pleno da Corporación este xoves cos votos a favor do grupo de goberno tripartito (PSdeG-PSOE, AVP e BNG) e en contra do grupo municipal do PP. Na súa fase de tramitación, non recibiran ningunha enmenda.
O orzamento ascende a 3.376.422,52 euros e o goberno local defende que parten da consolidación da posición económico-financeira do Concello e continúan na liña da redución da débeda de un millón de euros, herdada do Partido Popular, ata deixala en 588.000 euros.
O grupo de goberno critica que o PP "foi incapaz" de presentar emendas, a pesar das reiteradas invitacións do goberno local para que presentasen propostas escritas para modificar os orzamentos. O alcalde, Andrés Díaz, destacou a "incoherencia de votar en contra e non presentar un só papel".
O Concello destaca a través dun comunicado a seriedade dos orzamentos en tanto que cumpren con toda a normativa estatal sobre estabilidade orzamentaria e regra de gasto, un dato que se suma ao respecto aos prazos sobre morosidade. Ademais, defende o "acento social" das contas, que leva a incrementar as partidas de emerxencia social nun 25%n situándoa en cifras que xa case dobran ás que gastaba o PP neste eido.
Ademais, o Pleno aprobou propoñer ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) os nomes de Manuel Lafuente Rodríguez e José Ángel Rozados Gómez, como xuíz de paz titular e sustituto, respectivamente.
Relacionadas:
-
Ponte Caldelas pagou os provedores en 2016 cunha demora de apenas 24 días
Por Redacción |
-
O BNG di que no orzamento "hai máis investimentos propios" que no último goberno do PP
Por Redacción |
-
O goberno local de Ponte Caldelas presenta uns orzamentos "sociais" que o PP critica pola súa "parálise"
Por Oskar Viéitez |
-
Ponte Caldelas prevé reducir a súa débeda en 2017 ata os 588.000 euros
Por Redacción |