Evacúan dúas persoas por inhalación de monóxido de carbono nos Fontáns
Por Redacción
Os servizos sanitarios alertaban ao 112 Galicia durante a noite deste mércores ante a presenza de dúas persoas que resultaban intoxicadas por inhalación de monóxido de carbono nunha vivenda de Os Fontáns, na parroquia de Santa María de Xeve. As persoas afectadas foron evacuadas polos servizos sanitarios e trasladáronse ao Hospital Montecelo de Pontevedra ante os síntomas que presentaban para a súa observación, segundo as fontes oficiais.
Desde a central de emerxencias do 112 informouse os Bombeiros de Pontevedra, que se trasladaron ata o lugar para comprobar as causas do incidente. Tamén foron avisados os servizos de Protección Civil e da Policía Local de Pontevedra.
Ademais, os feitos puxéronse en coñecemento dos responsables da empresa encargada do abastecemento de gas a esta vivenda da parroquia pontevedresa. Os servizos de Emerxencias tiveron constancia da alerta ao redor das 23.15.
Segundo unha das persoas residentes no domicilio, só unha persoa sufriu a intoxicación debido á explosión dun televisor. Trátase dunha moza que abandonou a vivenda afectada polo gas, segundo a súa versión, acompañada pola madre. Apunta que os bombeiros comprobaron que a caldeira atópase en pefecto estado. A intoxicación tivo a súa causa no gas que emitiu o televisor tras ter explotado. A moza indicou a PontevedraViva que só ela se viu afectada.