Villares considera que as emendas de Marea Pontevedra aos orzamentos son "un orgullo"
Por Redacción
Luis Villares, o portavoz de En Marea, contestou á portavoz do BNG Ana Pontón, que saía publicamente esta semana para defender o goberno nacionalista de Fernández Lores en Pontevedra e facer un chamamento á En Marea e ao PSOE ante a súa negativa a apoiar os orzamentos do grupo de goberno de Pontevedra,
Marea Pontevedra, na súa conta de Twitter, cita a Luis Villares indicando que "as emendas de Marea aos orzamentos do Concello de Pontevedra son un orgullo". Deste xeito, o líder da formación tamén se posiciona e defende as decisións adoptadas ata o momento pola formación pontevedresa, que lidera Luis Rei.
@VillaresLuis :As emendas de Marea aos orzamentos do Concello de Pontevedra son un orgullo.#Orzamentos2017 #EnMareaAvanza
— Marea Pontevedra (@MareaPontevedra) 15 de diciembre de 2016
A agrupación tamén publicou nas últimas horas outro chío no que inclúe unha fotografía ironizando sobre as políticas "de dereitas" que, afirman, o goberno de Pontevedra non quere e fai mención á renda social municipal, ao transporte metropolitano, o centro cívico de Lourizán e o rescate do servizo do abastecemento de auga.
Estas son as políticas "de dereitas" que o goberno de Pontevedra non quere. #Orzamentos2017 #CuestiónDePrioridades pic.twitter.com/9BQgPEs1ms
— Marea Pontevedra (@MareaPontevedra) 16 de diciembre de 2016
Estas publicacións seguen a incrementar o clima de tensión por parte de todas as agrupacións con representación municipal previo ao pleno convocado para debatir os orzamentos que se desenvolverá o vindeiro luns no Teatro Principal de Pontevedra.