Cinco feridos nunha colisión entre tres coches en San Adrián de Cobres
Por Redacción
Un accidente con tres vehículos implicados en Vilaboa saldouse este martes con polo menos cinco persoas feridas que necesitaron asistencia médica e o traslado a un centro sanitario.
Segundo informou o Centro de Atención de Emerxencias de Galicia 112, o accidente produciuse pouco despois das 14.00 horas deste luns na estrada N-554, ao seu paso pola parroquia de San Adrián de Cobres, en Vilaboa.
Varias persoas particulares chamaron ao 112 Galicia para alertar do sinistro e indicaron que entre os feridos había unha muller embarazada e un menor.
Tras a alerta cidadá, o 112 pediu a presenza no lugar de efectivos de Urxencias Médicas 061, a Policía Local de Vilaboa, a Garda Civil de Tráfico e os Bombeiros de Pontevedra e O Morrazo.