Ponte Caldelas entrega 40 cheques de compra de alimentos ás familias en situación de necesidade
Por Redacción
O Concello de Ponte Caldelas iniciou a entrega de 40 vales de compra de alimentos por valor de 100 euros cada un a familias que se atopan en situación de risco de exclusión. Trátase dunha medida de apoio ás persoas que están a sufrir a crise económica.
Os grupos municipais do PSdeG-PSOE, AVP e BNG decidiran incrementar as partidas de inclusión social e estes vales contemplan un gasto público total de 4.000 euros.
Todas aquelas familias que acrediten unha situación económica avalada polos servizos sociais do municipio poden solicitar estas axudas ata final de ano.
Desde o Concello, o alcalde Andrés Díaz considera que a crise socioeconómica atópase lonxe de finalizar e afecta a numerosos cidadáns do montón.