Queres ser cómplice de Melchor, Gaspar e Baltasar?
Por Oskar Viéitez
A Fundación Meniños busca cómplices das Súas Maxestades de Oriente.
É a terceira edición desta exitosa campaña de recollida de xoguetes novos para familias pontevedresas sen recursos económicos para que os nenos reciban, o día de Reis, xoguetes novos.
A Fundación Meniños é a encargada de xestionar o programa que se porá en marcha este venres. As persoas interesadas poderán participar ben inscribíndose no correo envolvepontevedra@gmail.com ou ben dirixíndose directamente á Casazul. Podes inscribirte clicando aquí.
Meniños solicitará os datos aos servizos sociais do Concello xa que se poden acoller a este programa nenos de 0 a 18 anos. Os rapaces deberán escribir a súa carta aos Reis Magos, e esta faráselle chegar aos cómplices que o desexen. Estes cómplices deberán entregar o agasallo na Casazul antes do 30 de decembro.
Aínda que os cómplices son os que porán límite ao agasallo, dende Meniños se fixa un prezo máximo de 30 euros, de tal xeito que todos os rapaces teñan un regalo similar en contía.
Relacionadas:
-
Os Reis Magos volven buscar cómplices para que ningún neno quede sen agasallo
Por Redacción |
-
Os 'cómplices' dos Reis axudan a que 465 nenos estreen un agasallo
Por Oskar Viéitez |
-
Urxente!!! Os Reis Magos necesitan 160 cómplices
Por Redacción |
-
Os cómplices dos Reis Magos deixan 20.000 euros no comercio local
Por Redacción |
-
Os Reis Magos atopan máis de 400 cómplices en Pontevedra
Por Redacción |
-
Búscanse cómplices para axudar os Reis Magos
Por Oskar Viéitez |
-
O éxito da campaña de recollida de xoguetes de '365 Sorrisos' terá continuidade con novas iniciativas
Por Redacción |
-
O programa 'Tira do Lazo' logra o seu obxectivo e supera os 300 cómplices para axudar aos Reis Magos
Por Redacción |
-
Os Reis Magos necesitan 300 'cómplices' en Pontevedra
Por Oskar Viéitez |