Xa abriu o rastrillo solidario da Asociación contra o Cancro
Por Mónica Patxot
Xa abriu as súas portas o rastrillo solidario da Asociación contra o Cancro. Está situado na rúa Gagos de Mendoza, á beira da Audiencia provincial.
Unha trintena de voluntarios atenderán ao público de luns a sábado, en horario de 10.30 a 13.30 e de 17.15 a 20.30 horas.
O rastrillo ofrece gran número de artigos de agasallo, decoración, xoguetes, libros, roupa e material deportivo.
Como ocorre desde hai 23 anos, a Asociación contra o Cancro monta esta tenda coa intención de recadar fondos para continuar cos programas, proxectos e servizos que esta asociación presta de maneira gratuíta ás persoas con cancro e as súas familias, por este motivo, ademais de ser un lugar de compras, o rastrillo tamén é un espazo onde informarse sobre a axuda que presta esta asociación.