Este sábado terá lugar o festival benéfico de "Marín Canta"
Por Redacción
Este sábado terá lugar o festival benéfico de "Marín Canta", organizado pola Asociación Amigos dos Rapaces e incluído na programación que o concello preparou para este mes de decembro e no que se contemplan actividades baixo carpa dirixidas aos nenos na Alameda Rosalía de Castro e no Parque Eguren.
Ademais o tren do Nadal volverá percorrer a vila durante as semanas de Noiteboa e Reyes.
O Concello traslada o seu agradecemento a cuantos participan desta programación, entre outros, cita a asociacións como O Abeiro, Amigos dos Rapaces, Asociación socio cultural Kalos, AECC, Acima, Tenlo, Coro Thalassa, Asociación de artesanos de Marín, Club fútbol Villa de Marín, Club Mats, Team Thunder, Serra Seca, Estrela de Marín, Asociación de moteros, Acemas, Ateneo Santa Cecilia, Agrupación Pousos de Area, Os da Caña y el Orfeón de Ardán.