Denuncian presións aos usuarios da teleasistencia para pagar por un servizo que antes era gratuíto
Por Natalia Puga
Os usuarios do servizo de teleasistencia que ata febreiro prestaban en Pontevedra de forma conxunta o Imserso, a Deputación Provincial e o Concello quedaron sen o servizo hai unha semana. Sorpresivamente, traballadores da empresa que prestaba o servizo, Eulen, presentáronse nas casas dos usuarios e comunicáronlles que se remataba o financiamento público e que se querían seguir recibindo a atención que tiñan ata ese momento debía asinar un contrato e pagar 25 euros ao mes.
Catro dos 20 que hai na cidade, subscribiron o documento. Esta situación denunciouna a concelleira de Benestar Social de Pontevedra, Carmen Fouces. Explicou que o Concello necesaria e o Imserso del Gobierno estatal e a Deputación Provincial pagaban o resto, todos coa mesma porcentaxe de implicacion.
Non obstante, o Imserso decidiu deixar de sufragar o convenio e a Deputación de Pontevedra tamén e ningún deles llo comunicou de forma oficial ao Concello. A primeira noticia de que o convenio non seguía en marcha tívoa Carmen Fouces cando Eulen compareceu nas vivendas dos usuarios e fíxollo saber.
Carmen Fouces mostra o seu malestar, por un lado, por non recibir unha comunicación oficial por parte das outras dúas administaciones implicadas de que deixaban de pagar a súa parte e, por outra parte, pola forma de actuar da empresa Eulen, vinculada coa irmá de presidente da Xunta de Galicia, Micaele Núñez Feijóo.
Así, Fouces asegurou que, segundo trasmitieron aos funcionarios municipais os familiares dalgúns dos usuarios, Eulen utilizou métodos de "case coaccións" ás persoas e indicáronlles que ou pagaban ou lles retiraban o aparato de teleasistencia. En opinión da concelleira, trátase dunha forma de actuar "moi grave", xa quelas vítimas son "persoas nunha situación de moita vulnerabilidade cunhas pensións moi baixas e dirán: eu firmo onde me poñan, pero que non me quiten o aparatiño".
O Concello estuda se emprender algún tipo de acción contra Eulen pola súa "mala praxe", pero anima "ás persoas e, sobre todo, os seus familiares, que viron que non eran prácticas moi axeitadas a que denuncien". Dende o Concello "falamos un por un" con cada un deles e coñeceron a situación.
Ademais, lles trasmitieron que a partir desta semana unha resolución adoptada "con toda a celeridade" permitirá que o servizo de teleasistencia se sigua prestando no municipio de forma gratuíta. O Concello restrinxiu o contrato con Eulen, pero contratou Cruz Vermella e asumirá o custo total dun servizo do que ata agora pagaba só o 33%. Suporá o pagamento de 10.000 euros por parte do Concello.
Relacionadas:
-
Pontevedra retoma o servizo de teleasistencia tras deixar de pagalo a Deputación e o Imserso
Por Natalia Puga |
-
Deputación manterá o servizo de teleasistencia domiciliaria, pese a "espantada" do Inserso
Por Alejandro Espiño |
-
Deputación ofrece consorciar o servizo de axuda no fogar en 53 concellos da provincia
Por Alejandro Espiño |