A prazas dos Barcos e de Vilalonga e o parque do Espiñeiro lucirán árbores de Nadal
Por Redacción
A empresa adxudicataria da instalación da iluminación do Nadal en Sanxenxo comezará nos próximos días a colocación dos arcos, esferas e rótulos que contribuirán a crear un ambiente festivo a partir do próximo 7 de decembro, data na que se procederá ao seu aceso.
A Concellería de Cultura introduce este ano importantes novidades na iluminación do Nadal de Sanxenxo. Entre elas, a instalación de tres conos, de 10 metros de altura, que se colocarán na Praza dos Barcos, en Sanxenxo, nas proximidades do parque do Espiñeiro, en Portonovo e na Praza de Vilalonga. Nos casos de Sanxenxo e Portonovo trátase dunha estrutura de aluminio e tapiz azul que define o contorno da figura, mentres que no caso de Vilalonga será de cor verde.
En ambos os casos contarán cun valado perimetral por motivos de seguridade.
A iluminación do Nadal, do mesmo xeito que ocorreu o pasado ano, estenderase á zona portuaria así como á avenida de Silgar.
Deste xeito, a administración local pretende contribuír á dinamización das zonas máis comerciais das vilas, cuestión esta que demandaron os comerciantes, e a dotar dun marcado ambiente do Nadal as rúas e lugares máis emblemáticos das distintas parroquias que conforman o municipio.
O custo da iluminación do Nadal ascende a 32.718 euros e foi adxudicado a Creaciones Luminosas SL.