RADIO.- Pepe Solla presentará o seu libro "Cuando lo ancestral se hace eterno" en decembro en Pontevedra
Por Marisa Ciordia
Cuando lo ancestral se hace eterno era un dos seus proxectos para este 2016 e xa se plasmou en papel. Xunto a Montagud Editores, Pepe Solla logrou un libro "exquisito" e non só polo motivo do seu contido.
E este ano, ao que queda practicamente un mes, despedirase con sabor a aniversario. Os 55 anos que este novembro celebrou Casa Solla, desde que os seus pais abrisen aquela casa de comidas en Poio. E despedirase ademais, lembrando que este chef con estrela Michelín, soles Repsol e proxección internacional pregoou as súas festas de San Xoán.
Nesta playlist de PontevedraViva Radio, Pepe Solla móstranos outra das súas paixóns, a música. Concretamente a súa afección, dotes e destreza para tocar a guitarra. Subiu ao escenario con recoñecidos nomes do panorama actual galego: os Ferreiro, Eladio, Xoel,...e na súa inquieta e privilexiada cabeza "enfórnase" o que pode ser un sorprendente proxecto coral.