Falece o coñecido avogado pontevedrés Fernando Romay
Por Redacción
O coñecido avogado pontevedrés Fernando Romay Graña foi localizado morto este venres no seu domicilio do centro de Pontevedra.
Romay, de 65 anos, estaba recentemente xubilado tras décadas exercendo a avogacía nun despacho que nos últimos tempos estivo situado na praza de Curros Enríquez. Ademais dos casos particulares que levaba, formou parte da Comisión Penal de Pontevedra.
O letrado tivo unha carreira moi dilatada como avogado en Pontevedra, practicamente toda vinculada á defensa dos colectivos máis desfavorecidos.
Durante décadas estivo moi unido ás persoas de etnia xitana residentes no poboado de O Vao e levou a súa defensa en multitude de preitos derivados da derriba das infravivendas e tamén por tráfico de drogas ou na polémica polos postos de mecado na cidade.