Facenda devolve 87.400 euros ao Concello
Por Redacción
O Ministerio de Facenda e Administracións Públicas recoñece un erro na liquidación definitiva do exercicio 2014 e reintegrará 87.000 euros ao Concello de Pontevedra, segundo explicou o concelleiro de Facenda, Raimundo González ao remate da Comisión de Economía e Facenda.
O pasado 4 de outubro o Concello de Pontevedra remitira un escrito ao ministerio advertindo que a liquidación definitiva do exercicio 2014 estaba errado, seguindo o estudo que fixo a Fegamp. "Se nos ingresara arredor un millón de euros pero entendíamos que nos correspondían 87.400 euros máis e agora dannos a razón", sinala Raimundo González.
A contestación do Ministerio chegou ao Concello hai poucos días e nela di expresamente que estima o requirimento do concello e recoñece a obriga de pago
Dado que se fala dunha cantidade importante -non é só o Concello de Pontevedra senón todos os concellos- esta obriga se fará con cargo dos orzamentos xerais do Estado de 2017.
"Nos farán o ingreso o ano que ven", indicou o concelleiro Raimundo González, quen engadiu que "facemos unha valoración sumamente positiva pois supón case 90.000 euros máis para o Concello e significa tamén recoñecer un erro".