Ferido un traballador ao cortarse cunha rebarbadora na zona xenital
Por Redacción
Un mozo de 33 anos sufriu un accidente laboral cando manipulaba unha rebarbadora.
Segundo informaron desde Protección Civil de Cambados, o suceso produciuse este martes na empresa Gálventus, ubicaada no polígono industrial de Sete Pías.
O ferido, cos iniciais D.R.C., é un veciño de Vilanova de Arousa que se produciu un corte na zona xenital coa rebarbadora.
Foi trasladado en ambulancia ao Hospital do Salnés.