Sanxenxo promociónase no World Travel Market de Londres
Por Redacción
A delegación turística de Sanxenxo na World Travel Market de Londres participou este luns 7 nas actividades desenvolvidas desde a caseta desde o que Galicia mostra as súas principais propostas nesta feira turística.
O alcalde Gonzalo Pita e o concelleiro de Turismo, Jesús Sueiro, participaron na recepción oficial ofrecida pola Secretaria de Estado, Isabel Borrego, e polo embaixador de España no Reino Unido, Federico Trillo.
Ao longo dos tres días de duración desta Feira, a delegación de Sanxenxo ten programadas diversas reunións con operadores de turismo británicos e con axencias especializadas que operan desde o norte de España.
A idea é aproveitar os beneficios deste escaparate internacional, no que Sanxenxo ten tamén material promocional en inglés sobre a vila turística con folletos xenéricos e específicos dalgunhas das actividades que se ofertan como enogastronomía ou náutica.