Detido un pasaxeiro de autobús en Pontevedra por causar danos na estación de Santiago
Por Redacción
A Policía Local de Pontevedra irrompeu na tarde deste domingo na estación de autobús de Pontevedra e detivo a un pasaxeiro que ía a bordo dun autobús que saíra unha hora antes de Santiago de Compostela e dirixíase a Vigo, segundo adiantou La Voz de Galicia.
Segundo publica este xornal, dúas patrullas da Policía Local chegaron á estación sobre as 20.00 horas e subíronse ao autobús procedente de Santiago para deter a un dos pasaxeiros. Unha vez que o localizaron, solicitáronlle que se baixase do vehículo, pero el negouse e mostrou unha actitude violenta, de modo que foi necesario desaloxar o autobús para evitar incidentes.
Finalmente, o home foi detido sen que fose necesario utilizar a forza . Os cargos que se lle atribúen son danos por presuntamente danar uns despachos de billetes na estación compostelá antes de coller o autobús cara a Vigo.