O mercado de flores de Santos reunirá 145 postos de venda na praza da Ferrería
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O tradicional mercado de flores de Santos que se desenvolve na cidade os días 31 de outubro e 1 de novembro contará este ano con 145 postos de venda, unha cifra similar á rexistrada o pasado ano.
Todos os postos instalaranse na praza da Ferrería.
A Concellería de Mercados, que xestiona Vicente Garcia Legísima, lembra que os vendedores poderán comezar a instalar os puntos de venda dende as 2.00 ás 10.00 horas do luns, 31 de outubro.
As solicitudes presentadas amosan que algo máis da metade dos vendedores son de Pontevedra -case todos da parroquia de Campañó- e o resto chegan de outros concellos da provincia: Poio, Barro, Ponte Caldelas, Sanxenxo, Vilaboa, Ribadumia, Tomiño, A Guarda, Cangas, Moaña, Valga, Vilanova e Meis.