#DoyLaLata, a campaña de Amigos da Terra comeza limpando as Salinas de Vilaboa
Por Redacción
Amigos da Terra e o Concello de Vilaboa iniciarán este próximo luns 10 de outubro ás 16.00 horas a campaña #DoylaLata coa limpeza das Salinas de Vilaboa.
Con esta campaña, Amigos da Terra quere mostrar o abandono na xestión de residuos. Para iso queren que a iniciativa teña eco nas redes sociais a través dunha foto-acción, na que convidan á cidadanía para participar para visibilizar este problema en distintas zonas da xeografía.
O colectivo ecoloxista denuncia que o 67% dos residuos municipais terminan nos 149 vertedoiros ou nas 10 incineradoras do Estado. A campaña vai dirixida a recoller envases de bebidas e participarán 60 estudantes do Colexio O Toural. Calcúlase que en España consómense 51 millóns de latas e botellas ao día, o que supón ao redor de 18.000 millóns ao ano. E apenas se recuperan tres de cada dez envases.
A organización pretende lanzar unha foto-acción, baixo o hashtag #DoylaLata, para reclamar medidas eficaces á administración e reivindicar unha solución eficaz como o sistema de retorno de envases.