Denuncian una nova tala ilegal de eucaliptos no monte comunal de Santa Cristina de Cobres
Por Redacción
O monte comunal de Santa Cristina de Cobres (Vilaboa) volveu sufrir unha tala ilegal e non autorizada de eucaliptos. Non é a primeira vez que ocorre. Nesta ocasión os feitos producíronse no monte da Fontaíña de Abaixo, entre os núcleos das Cernadas e Paradellas.
Ao igual que nos casos anteriores, as árbores afectadas, todas elas eucaliptos, foron taladas sen autorización ás beiras dos camiños e o mato sobrante non foi retirado. Dase a circunstancia que nesta ocasión a proximidade do río Maior provocou que as pólas non aproveitadas quedaran no cauce do río, ademáis de provocar danos na vexetación ripícola deste.
O autor ou autores destas accións, coa "diezma" das mellores árbores provocan, segundo César Blanco, presidente da comunidade de monte, un "empobrecemento da masa forestal que repercutirá negativamente no futuro económico da comunidade".
A directiva da comunidade de montes recorda unha vez máis aos comuneiros desta parroquia, que poden solicitar a corta de madeira autorizada para uso doméstico coa única condición de que se recolla o mato sobrante e se deixe nun lugar apropiado para que posteriormente se lle poida pasar unha máquina trituradora.
En canto aos posibles infractores que non sexan comuneiros ou no que o destino da leña substraída sen autorización sexa a comercialización, esta directiva anuncia que actuará con "todas as consecuencias" levando aos tribunais de xustiza a todo aquel que sexa identificado cortando madeira sen a pertinente autorización.