O Colexio de Avogados de Pontevedra convoca eleccións en novembro
Por Redacción
A Xunta de goberno do Colexio Provincial de Avogados de Pontevedra reuniuse este mércores, 5 de outubro, para convocar eleccións a seis dos cargos que a compoñen, en concreto os de Decano, Deputado 1º, Deputado 3º, Deputado 4º, Deputado 6º e Bibliotecario-Contador.
A elección desenvolverase como acto separado da Xunta Xeral Ordinaria o próximo 19 de novembro de 2016 no Salón de Actos do Colexio.
Ramón Jáudenes López de Castro é desde 2011 o Decano deste Colexio profesional cando venceu por quince votos a Mercedes González Míguez nuns disputados comicios. Naquela ocasión votaron 422 avogados e rendeuse unha homenaxe ao anterior Decano, Eloy Artime.