A prisión cinco dos detidos no Vao
Por Redacción
O titular do Xulgado de Instrución número 1 de Pontevedra enviou a prisión a catro dos detidos este martes por pertenza a grupo criminal e tráfico de drogas no poboado pontevedrés do Vao, unha decisión que se suma ao ingreso no cárcere o mércores dun quinto detido.
Segundo informaron fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), durante a xornada deste xoves pasaron a disposición xudicial os seis detidos que non compareceran o mércores.
Tras tomarlles declaración, o xuíz ditou prisión provisional para dous homes e dúas mulleres, mentres que os dous restantes quedaron en liberdade con comparecencias semanais.
Este mércores pasaron a disposición xudicial outros catro detidos na operación. Un deles, J.J.J., foi enviado a prisión provisional, mentres que os outros tres quedaron en liberdade con obrigación de comparecer semanalmente.
Segundo a información da Garda Civil, os 10 detidos na denominada 'Operación Voss-Cadeado'. son membros de dous clans familiares, aos que se considera os principais responsables da venda e distribución de estupefacientes na zona.