O anticiclón faise forte e garante tempo seco toda a semana
Por Redacción
Refórzase a influencia anticiclónica sobre Galicia durante o luns, comezando ademáis a entrar unha masa de aire cálido dende o sur. Con esta situación, agárdanse ceos con nubes altas que non impedirán o paso do sol. As temperaturas experimentarán un lixeiro ascenso, tanto as mínimas como as máximas. Os ventos soprarán frouxos, de compoñente sur en xeral.
Segundo os tecnicos de MeteoGalicia, o martes Galicia segue na influencia do anticiclón, pero unha fronte pouco activa chegará polo noroeste durante esta xornada. Con esta situación, agárdase un aumento das nubes co avance do día, con chuvascos máis probables durante a mañá e ao mediodía na provincia da Coruña. As temperaturas non experimentarán cambios significativos, con lixeiros descensos das máximas. O vento soprará frouxo de compoñente sur nas primeiras horas e virará a norte, frouxo, tralo paso da fronte.
O mércores agárdase unha xornada de tempo seco e estable, con Galicia na influencia das altas presións situadas ao noroeste. Así, os ceos permanecerán pouco anubrados, con intervalos de nubes altas, e con bancos de néboa matinais xeneralizados no interior. As temperaturas non experimentarán cambios significativos, con lixeiros ascensos das máximas na metade sur. O vento soprará frouxo do nordés.
Agárdase para o resto da semana unha alternancia de períodos de ceos con nubes e claros con outros pouco anubrados ou despexados.