Empeza a tempada de cogomelos e a Asociación Micolóxica "Brincabois" programa actividades
Por Redacción
Empeza a tempada de cogomelos e a Asociación Micolóxica "Brincabois" programa actividades.
Concurso de Debuxo Escolar: Aberto o prazo de presentación ata o venres 4 de novembro. Os debuxos gañadores serán expostos durante a semán das conferencias no Casino Mercantil e Industrial de Pontevedra.
MES DE NOVEMBRO
- Todos os martes deste mes, actividades micolóxicas nos colexios de Campañó, Lérez, Ponte-Sampaio, Santo André de Xeve e Verducido promovidos pola Concellalía de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra
- Días 7 ao 11, 20,30 horas. Conferencias. Casino Mercantil e Industrial de Pontevedra. Conferenciantes a determinar.
- Día 11, 20,00 horas. Entrega de premios do Concurso de Debuxo Escolar.
- Día 12, 10,00 a 13,30 horas. Paseo Micolóxico. Lugar: Parque Deportivo do Casino Mercantil e Industrial (Cons, Mourente, Pontevedra).
- Día 13, 11,00 a 19,00 horas. Exposición de cogomelos silvestres nos xardíns exteriores das Ruínas de San Domingos (Pontevedra). Esta exposición celebraráse se as condicións climáticas procuran suficiente variedade de especies.
- I Xornadas Micolóxicas en Ponte Caldelas. Datas a determinar.
- III Xornadas Micolóxicas da Comunidade de Montes de Lourizán. Datas a determinar.
- Luns Micolóxicos
- Do 3 de outubro ao 19 de decembro ambos inclusive, de 20 a 21,30 horas. Lugar Bodegón Arca (rúa Alvarez Limeses nº 9).
- Martes Micolóxicos
- Do 4 de outubro ao 20 de decembro, ambos inclusive, de 20 a 21 horas. Lugar Centro Social do Gorgullón (Rúa da Curtidoira).