A oposición solicita un pleno extraordinario para tratar as demandas do persoal de Urbaser
Por Redacción
Os grupos municipais de PSOE, BNG e Marea Veciñal de Marín asinaron unha solicitude de pleno extraordinario no que se tratará unha moción, tamén presentada polos tres grupos, que recolle as demandas dos traballadores do servizo de recollida de lixo, Urbaser, en relación aos pregos da nova concesión que tramita o goberno local.
Esta moción e foi presentada de urxencia na sesión plenaria do pasado día 14, pero foi rexeitada cos votos dos concelleiros do Partido Popular, xustificando a alcaldesa, María Ramallo, a decisión na necesidade de elaborar un informe xurídico que analice as propostas.
Segundo os grupos da oposición, os pregos elaborados polo Concello "rebaixan os custos de man de obra a practicamente a metade dos actuais", o que faría imposible "manter os postos de traballo actuais" ao pasar de 396.523,73 euros a 257.000.
"Que clase de legalidade defende a señora Ramallo presentándonos uns pregos que non recollen nin a modalidade de contrato, nin a categoría profesional, nin a xornada anual, nin a catergoría profesional, nin a antigüidade dos traballadores?", pregunta a oposición no escrito co que xustifica a petición dun pleno extraordinario.
A alcaldesa conta con 15 días hábiles de prazo, desde a presentación da solicitude, para convocar o pleno da corporación municipal.
Cabe lembrar que o vindeiro luns, 19 de setembro, os traballadores de Urbaser protagonizarán a primeira das tres xornadas de folga que convocaron.
Relacionadas:
-
O persoal de Urbaser en Marín manterá unha xornada de folga o vindeiro luns
Por Oskar Viéitez |
-
Marín, abocado a unha folga na recollida de lixo tras concluír sen acordo o pleno extraordinario
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
Aprazan a folga na recollida de lixo en Marín á espera dun acordo político
Por Redacción |
-
A folga indefinida na recollida de lixo ameaza Marín
Por Redacción & Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Convocados tres días de folga de lixo en Marín
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Os traballadores do servizo de limpeza de Marín aseguran que o Concello pon en "grave perigo" os seus empregos
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada