Ferido un motorista nun accidente no cruce do Bricoking
Por Oskar Viéitez
Un motorista resultou ferido tras sufrir un accidente de tráfico na estrada PO-531 entre Pontevedra e Vilagarcía.
O suceso tivo lugar ás 20:50 horas deste venres.
Segundo informaron testemuñas presenciais o sinistro produciuse ao embestir a moto a un vehículo que facía o xiro para acceder ao polígono Granxa do Bao, fronte á nave de Bricoking. Como consecuencia do forte impacto o motorista saíu despedido.
A condutora do turismo resultou ilesa.
Ao lugar do accidente acudiu unha ambulancia do 061 que trasladou ao ferido ata un centro sanitario e axentes da Garda Civil de Tráfico que regularon a circulación mentres permaneceu cortado un dos carrís da PO-531.