A Festa do Marisco celebra esta semana a súa presentación nacional en Cáceres
Por Redacción
O Palacio de los Golfines na cidade de Cáceres acollerá este venres ás 12.30 horas a presentación nacional da Festa do Marisco.
Esta presentación é posible gracias á colaboración do Clúster de Turismo de EXtremadura e achegará a Festa a esta cidade estremeña. Trátase dun destino de grande interese pola súa proximidade o que permite que os cacereños poidan achegarse facilmente a desfrutar da Festa do Marisco.
A presentación, que mantén o formato da realizada con notable éxito na cidade de Bolonia o pasado mes de xuño, proxectarase o vídeo promocional coa voz do actor Rubén Mascato e realizarase un showcooking. Neste caso o embaixador da cociña local será o Álvaro Fuentes, do Restaurante Meloxeira quen se encargará de explicarlle aos presentes as posibilidades creativas do marisco do Grove.
Dende o Concello do Grove buscase reforzar especialmente os destinos de proximidade atendendo a ausencia de ponte deste ano. Á presentación foron convidados os medios de comunicación da cidade e da comunidade así como prensa especializada en turismo e gastronomía. Agárdase, polo tanto, que a Festa do Marisco do Grove conte con moita presencia nestes días na comunidade de Estremadura.
Ademais desta presentación, o Concello segue traballando noutras actividades de promoción que garantan o éxito da Festa do Marisco, entre elas algunha outra presentación internacional que incida no cumprimento dos requisitos para conseguir a declaración de Festa de Interese Turístico Internacional.