VÍDEO.- Acordoan a praza de San Xosé pola caída de cascallos
Por Diego Torrado
A Policía Local de Pontevedra acordoou este mércores a céntrica praza de San Xosé ante a caída de cascallos dun edificio.
Ao redor das 10:30 horas da mañá mobilizáronse os efectivos de emerxencia, acudindo ata o lugar tamén os Bombeiros para asegurar a zona.
Cun camión escaleira os bombeiros ascenderon ata a cornixa do edificio para asegurar a cornixa danada e evitar así máis desprendementos.
Os cascotes caeron na zona que ocupa a terraza da Confeitería Capri, pero por fortuna non se produciron danos persoais.